As fundacións Cela e Rosalía conmemoran a importancia de Padrón como lugar de orixe de escritores

Padrón de berces

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha mostra, a edición dunha escolma de textos e unha xornada literaria son os actos cos que as fundacións Camilo José Cela e Rosalía de Castro celebran a importancia da vila de Padrón coma berce de escritores. Os actos comezan mañá cunha xornada literaria na que se analizarán autores do lugar coma Juan Rodríguez de Padrón, Macías o Namorado, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela. O vindeiro día nove abrirase a mostra “Padrón, cuna de escritores” que amosará máis polo miúdo a vida e a obra destes autores. Na xornada de mañá presentarase tamén unha escolma que recolle algúns dos traballos destes ilustres padroneses.

Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Escritores, Rosalía de Castro, Camilo José Cela...