A Fundación Cela promove as visitas cun convite a quen vaia á Casa- Museo de Rosalía

Acceder ao Museo Camilo José Cela será de balde para quen visite a Casa da Matanza

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
A Fundación Cela promove as visitas cun convite a quen vaia á Casa- Museo de Rosalía

Quen vaia coñecer a Rosalía será convidado a coñecer a Cela. Dentro dos actos conmemorativos do 30 aniversario (1989) da concesión do Premio Nobel de Literatura ao padronés Camilo José Cela, a Fundación Cela ven de chegar a un acordo coa súa veciña, a Fundación Rosalía de Castro que une ambas casas literarias do Concello de Padrón. Durante este ano os visitantes da Casa Museo de Rosalía de Castro, a coñecida Casa da Matanza, serán obsequiados cunha entrada para coñecer o Museo Camilo José Cela, a poucos quilómetros de alí, no lugar de Iria Flavia. Con esta entrada de balde é de supor que aumentará o fluxo de visitas que compartan ambas institucións veciñas que representan a dúas figuras literarias de referencia universal malia que moi distintas entre si. A entrada non inclúe o servizo de visita guiada.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Rosalía de Castro, Nobel, Literatura...