A Xunta celebra o 20 aniversario de Camilo José cela apostando por achegar a diversidade da súa figura

Exposicións, eventos e unha nova revista amosarán diferentes facetas do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Imaxe conmemorativa da Xunta de Galicia.

Imaxe conmemorativa da Xunta de Galicia.

Neste 2022 celébrase o 20 aniversario do escritor padronés Camilo José Cela e o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, puxo o punto de partida da programación especial deseñada pola Xunta no cemiterio de Adina (Iria Flavia), onde se fixo unha ofrenda floral diante da tumba do escritor. Rodríguez destacou que haberá varios proxectos expositivos ao redor da figura de Cela. Cela poliédrico será unha mostra itinerante que percorrerá de marzo a outubro sete cidades galegas e no que se afondará nas diferentes facetas do autor. En outubro, o Museo Camilo José Cela acollerá unha mostra sobre La familia de Pascual Duarte. A maiores, a Xunta colaborará con outras entidades para amosar o rol de Cela como senador durante a Transición ou co préstamod e primrieas edicións. E xunto con diversas actividades académicas e literarias, neste ano a Fundación Camilo José Cela presentará unha revista dixital titulada Cuadernos de Iria Flavia, con análises sobre o autor. A Xunta tamén rehabilitará e musealizará a locomotora Sarita, integrándoa na museografía do museo.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Iria Flavia, Exposicións, Román Rodríguez...