Unha exposición analiza o poliédrico ronsel creativo de Camilo José Cela

A mostra inaugúrase esta tarde na Cidade da Cultura

18/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Cidade da Cultura acolle esta tarde a inauguración da exposición "Camilo José Cela: 1916-2016. O Centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade", que contén 600 pezas organizadas cronoloxicamente en 44 seccións. A mostra conmemora os 100 anos do nacemento do autor e céntrase en amosar as diferentes facetas dun persoeiro cultural da dimensión de Camilo José Cela, desde os manuscritos das súas novelas máis importantes ata a mochila que levou na súa viaxe a La Alcarria. Pero ademáis da súa dimensión creativa, a mostra amosa obxectos clave da súa traxectoria, como a de editor de revistas culturais, editor ou mesmo guionista. A mostra inclúe tamén unha extensión que analiza a relación de Cela con Galicia ata a súa opción por asentar a súa Fundación en Iria Flavia. A mostra estará aberta ata o 19 de febreiro de 2017.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Nobel, Iria Flavia, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares