Camilo José Cela será enterrado hoxe na súa localidade natal de Iria Flavia

Os pés da oliveira

Hai en Iria Flavia esta tarde unha oliveira que se convertirá no eixo de todas as miradas. É a oliveira do cemiterio da Colexiata que Camilo José Cela vía desde a fiestra da súa habitación e onde reposará ós seus pés. Ó lado mesmo das súas raíces, das que nas súas "Memorias, entendementos e vontades" di non esquecer xamais, será enterrado o Premio Nobel. Como unha historia cíclica que comeza e remata no mesmo lugar, Cela despediuse cun "Viva Iria Flavia" antes de entrar nun letargo do que non espertará. Desde as oito da mañá, os seus restos mortais están nunha capela ardente sita na Fundación que leva o seu nome e que el creou para "devolverlle a Galicia todo o que lle teño prestado". Estará aberta ata as 17:00 horas, momento no que comezarán os actos funerarios, ata as 18:00 cando se procederá ó seu enterramento, moi preto de onde está enterrada a súa nai.


Actos de despedida




As últimas palabras de Camilo José Cela foron para a súa muller ("Marina, te quiero") e para a súa localidade natal ("Viva Iria Flavia"), logo os problemas respiratorios exerceron un efecto anestesiante (froito do exceso de anhídrido carbónico en sangue) polos que adormeceu para sempre.
Desde que se soubo a noticia as reaccións non deixaron de sucederse, e desde onte todas as bandeiras oficiais que hai en Galicia ondean a media asta. A Xunta decretou dous días de loito oficial (que durarán ata o domingo) e a Padrón está completamente paralizado. Desde o que a localidade natal do escritor espertase onte co repicar das campás da igrexa de Padrón e da Colexiada de Iria Flavia que anunciaba a noticia a actividade do consistorio e dos centros educativos da zona quedou paralizada ata mañá sábado. En pleno extraordinario e de urxencia o concello de Padrón acordou erixir un busto ó escritor no Paseo do Espolón, cerca da plaza que leva o seu nome e que está enfronte da estatua da poetisa Rosalía de Castro.
Na misa que será oficiada polo arcebispo compostelano, Xulián Barrio, na Igrexa da Colexiata, pode ser que haxa unha última homenaxe. Será a que pode rendir o órgano da Colexiata, que pode recuperar o seu son, logo dun século silenciado e que foi restaurado gracias a unha suvención privada empeño de Cela.
Polo demais a comunidade universitaria galega tamén deixa sentir seu pesar. De feito, A Universidade de Santiago de Compostela en sinal de pesar polo pasamento do escritor Camilo José Cela suspenderá hoxe a partir das 15:00 horas a súa actividade académica e se manterán as bandeiras a media asta.







Polémica e reaccións


O pasamento de Cela suscitou, sen dúbida ningunha o pesar entre toda a comunidade de políticos e personalidades do mundo da cultura. O que non foi tan unánime foi o valor que estes mesmos declararon o seu legado, sobre todo á hora de destacar se a súa herencia literaria formase parte do acervo cultural galego.
As personalidades políticas foron as que máis quixeron poñer o acento nesta polémica. Se o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez expresou o seu pesar pola formación nacionalista pero criticou o "seu talante mercantilista e a convivencia co poder político en beneficio propio"; desde o PPdeG destacaron que coa súa "literatura difundeu ensalzou a esencia de Galicia". Pola súa banda o PSdG definiuno como un "altísimo representante de Galicia".
O que si é innegable é o valor que Cela tiña no mundo da cultura, tanto española como internacional. Un feito que se amosou na significativa repercusión que o pasamento de Cela tivo en todos os ámbitos, sobre todo mediáticos.
As edicións electrónicas dos principais medios de comunicación escritos e audiovisuais de todo o mundo fixéronse eco da noticia.