O Museo Massó aumenta os fondos de Lugrís con novas adquisicións

Tres cartas náuticas decoradas polo artista e unha vidreira engádense á colección

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePatrimonio
Compartir:
Bosquexo de Lugrís dunha creatura mariña para a capela dos Santos Reis de Bueu

Bosquexo de Lugrís dunha creatura mariña para a capela dos Santos Reis de Bueu

A importante colección e exposición permanente que o Museo Massó ten do artista Urbano Lugrís (1908-1973) aumentou este ano con novas adquisicións. Segundo conta hoxe o xornal La Voz de Galicia, o ente dependente da Xunta de Galicia adquiriu este ano unha serie de tres cartas náuticas da primeira década do século XX sobre as que o artista debuxou decoración adicional posteriormente. As tres cartas, que amosan as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa formaban parte da colección persoal do falecido Rafael Picó, enxeñeiro que foi presidente da Deputación Provincial durante a ditadura, concretamente entre os anos 1942 e 1948, e que tiña na súa casa de Lapamán.

Estes documentos de gran tamaño foron 'retocados' por Lugrís durante a década do anos 40 engadindo motivos marítimos habituais do seu imaxinario, como monstros, sereas ou barcos, así como engadindo cores ou destacando símbolos. Ademais destas cartas, segundo sinala o xornal, o Museo Massó tamén adquiriu este ano unha peza representativa de Lugrís. Consiste nunha vidreira fechada arredor de 1955 que representa un cabaliño de mar e que xa está exposta. Formou parte dun conxunto de deseños en cristal que decoraban o acceso a unha vivenda particular en A Coruña. A peza está feita en cristal gravado ao ácido.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Massó, Museo Massó, Urbano Lugrís, Deputación Provincial...