A recuperación das cartas entre Ramón Piñeiro e Basilio Losada permitirá a súa edición nun volume

As cartas de Piñeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Hai cinco ou seis anos, o catedrático xubilado da Universidade de Barcelona, Basilio Losada, vendeulle á Xunta de Galicia a biblioteca que tiña en Barcelona e que atesouraba uns 20.000 volumes. Entre todo ese material figuraban 243 cartas que se enviaron Basilio Losada e o galeguista Ramón Piñeiro durante os anos sesenta e setenta. A correspondencia entre estes dous homes da cultura galega ía formar parte dun volume que prologaría o propio Losada pero que, non se puido facer dado que as cartas desapareceron ao pouco de ser vendidas. Sen embargo, segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, o epistolario foi recuperado, o que permitirá recuperar a edición das cartas de Piñeiro como se tiña proxectado inicialmente.

Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Amigo Piñeiro

Amigo Piñeiro

Achegámosche o volume coas cartas de Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro que editou o Consello da Cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Basilio Losada, Ramón Piñeiro, La Voz de Galicia, Barcelona...