A cultura galega, tanto no país como no exterior, chora o falecemento este sábado 9 de xullo de Basilio Losada aos 92 anos de idade. O que fora primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona naceu en Láncara en 1930 e desde os anos 60 desenvolveu un labor fundamental de difusión e estudo da nosa cultura en Cataluña.
Para alén de labores de crítica e de investigación, Losada traduciu a máis de 150 autores e foi responsable de verter ao castelán nomes clásicos das nosas letras como Xohana Torres, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro ou Uxío Novoneyra entre moitos outros. Aos setenta anos estreouse na escrita de ficción coa novela A peregrina. Como docente, formou a xeracións de especialistas en lingua e literatura galega e espallou as nosas letras por centros de todo o mundo, como un dos principais embaixadores da cultura do país.
Entre os múltiples recoñecementos que recibiu pola súa extensa carreira destacan a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña, a Orde do Cruceiro do Sul de Brasil, a portuguesa Comenda da Orde do Infante don Henrique, o Premio Nacional de Tradución español ou, no noso país, a Medalla Castelao e o Premio Otero Pedrayo. No ano 2015 ingresou na Real Academia Galega como membro de honra.