Unha publicación compila as cartas entre Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro

Axuda a afondar na figura a que este ano se lle dedicaba o Día das Letras Galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Falaron de García Sabell, de Carlos Maside, pero sobre todo de literatura e de poesía e son testemuño directo do ambiente da resitencia cultural galeguista dos anos cincuenta. As cartas que Ramón Piñeiro e Uxío Novoneyra se enviaron entre 1953 e 1972 están reproducidas, transcritas e anotadas nun volume que acaba de presentar o Consello da Cultura Galega. “Son unha peza única que amosa a relación amical de dúas figuras que tiveron un trato moi intenso” puntualizaba Ramón Villares, o presidente da Institución. Un dos editores, Luís Cochón (o outro é Luis Alonso Girgado) explicou que son 45 cartas, de desigual extensión e profundidade. “As de Uxío son cartas de poeta. As Piñeiro, co seu cuño e xeito, non” sentenciou Cochón que aproveitou para apuntar a importancia deste traballo por se “algunha vez chegamos a ter edición crítica dalgún dos libros do poeta”.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Amigo Piñeiro

Amigo Piñeiro

Achegámosche o volume coas cartas de Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro que editou o Consello da Cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro, Día das Letras Galegas, Ramón Villares...