Quiosco: Cadernos Ramón Piñeiro XXV

Roberto Vidal Bolaño protagoniza a nova entrega da publicación do CIRP

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:

A Consellaría de Cultura e mais o Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades presentaban onte o número XXV dos Cadernos Ramón Piñeiro. Co título Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro, a entrega homenaxea o autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas este ano. O volume recolle textos nos que o dramaturgo reflexiona sobre a arte teatral, tanto como espectador, como no papel de director ou de actor. Canda a estes traballo, o volume complétase con artigos de Luís Alonso Girgado, Manuel Quintáns, Xosé Luís Cochón e Gustavo Luca de Tena.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Roberto Vidal Bolaño, Día das Letras Galegas, Teatro...