Xosé Manuel del Caño anda esta semana a presentar un vello libro. O volume Conversas con Manuel MarÃa que publicou en 1990 volve á rúa da man de Nova Galicia Edicións, nunha nova versión actualizada que inclúe un prólogo de DarÃo Xohán Cabana, un apéndice literario do propio Del Caño e mais un CD que recolle a voz do poeta ademais de varias versións musicadas dos seus textos. En paralelo, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades presentaba o pasado seis de outubro o número 35 dos seus Cadernos, un monográfico dedicado tamén ao autor chairego a quen se lle dedicou este ano o DÃa das Letras. Manuel MarÃa: cecais hai unha luz. Memorabilia é o tÃtulo do volume que recolle vinte e sete estudos sobre diferentes facetas de Manuel MarÃa ademais de medio cento de cartas. Ana Acuña, LuÃs Alonso Girgado, DarÃo Xohán Cabana, Francisco Fernández Naval, Manuel Forcadela, Xosé LuÃs Franco Grande, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Salvador GarcÃa-Bodaño, Pilar GarcÃa Negro, LuÃs Gonçales Blasco, Margarita Ledo, Antón Lopo, Camiño Noia, Mercedes Queixas, Xesús Rábade, Armando Requeixo ou Claudio RodrÃguez Fer son algúns dos autores que participan.