Barcelona celebra o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades arredor de Piñeiro

Hoxe preséntase na cidade Condal a correspondencia entre Piñeiro e Basilio Losada

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O departamento de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Barcelona non quere deixar pasar a celebración do Día das Letras Galegas. Para iso, prepraron un programa de actividades que comezou onte coa inauguración dunha exposición bibliográfica sobre Ramón Piñeiro que estará aberta ata o 18 de maio nas Vitrinas da Biblioteca General desta universidade. Hoxe mércores, Basilio Losada, catedrático de Filoloxía na UB, José Antonio González Casanova, catedrático de Dereito Constitucional, e Víctor Fernández Freixanes, director da Editorial Galaxia desenvolverán unha tertulia sobre Ramón Piñeiro. No acto presentarán o libro Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984), que mantiveron Piñeiro e Basilio Losada entre 1961 e 1984. Un total de 453 cartas que permiten coñecer os proxectos desenvolvidos polos grupos galeguistas na ditadura.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Basilio Losada, Día das Letras Galegas, Barcelona, Ramón Piñeiro...