Escritores, intelectuais e persoeiros da cultura galega analizan a figura de Ramón Piñeiro

Os piñeiristas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O 27 de agosto de 1990 morría en Santiago por mor dunha insuficiencia hepática Ramón Piñeiro. Quince anos despois, o espírito do que foi unha das persoas máis influíntes na vida social e cultural do país e o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, segue vivo. Por iso, catorce investigadores recuperan hoxe a súa figura nunha xornada que ten lugar no Museo do Pobo Galego. Organizado pola Consellaría de Cultura e Deporte, o encontro reunirá, entre outros, a Basilio Losada, Víctor F. Freixanes, Blanca Roig, Manuel Caamaño e Xosé Luís Barreiro Rivas.

Máis información sobre Ramón Piñeiro no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Escritores, Xosé Luís Barreiro, Manuel Caamaño...