231 cartas nas que se aprecian as conexións entre o escritor Camilo José Cela e destacadas figuras da cultura galega do seu tempo, nun epistolario que transita entre mediados dos anos 40 ata o ano da morte de Cela, en 2002, e nas que se fala dos cambios do Diccionario da Rae sobre a acepción galego, sobre a participación dos autores galegos e en galego en Papeles de Son Armandans, a revista que Cela promovÃa desde Mallorca, ou sobre a tradución galega da Familia de Pascual Duarte. Desde hoxe están accesibles no web do Consello da Cultura Galega nun proxecto conxunto entre esta institución e a Fundación Camilo José Cela. O epistolario foi presentado hoxe á mañá na sede da Fundación Cela en Iria Flavia (Padrón) e permite coñecer as relacións afectuosas o escritor padronés mantivo con figuras da cultura galega como Celso Emilio Ferreiro, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Isaac DÃaz Pardo, Lino Novás ou Mariano Tudela.
O fondo, que permite ver as cartas remitidas a Cela, conta cunha presenza destacada das cartas de Celso Emilio Ferreiro, que exerce en Galicia como delegado da revista Papeles de Son Armadans, pero que ten con Camilo José Cela un trato que vai máis alá, intercambiándose obras literarias, animándoo a publicar obras en pequenas editoriais, mesmo exercendo de ‘axente’ literario para conferencias ou peticións máis curiosas, como a obtención e descarnación dun craneo de vaca portuguesa. As cartas son un propio espello da vida de Celso Emilio, desde os seus proxectos editoriais, as tribulacións económicas en Vigo ou a súa emigración a Venezuela. Ferreiro tamén informará a Cela da repercusión das xestións de Cela na Real Academia Española en 1958 para que esta recoñecera no seu Diccionario que o galego era unha lingua, non un dialecto. As cartas reflicten tamén o amargor de Celso Emilio Ferreiro polo seu desencontro coa comunidade galega de Venezuela. Resulta tamén chamativo o membrete de Celso Emilio: unha fermosa caricatura na que se ve ao escritor cunha pomba na man na que se sostén a pluma da escrita, un trilito ao fondo e un grupo de música tradicional ao fondo.
Moi significativa é tamén a correspondencia con Ramón Otero Pedrayo, a quen Cela solicita que prologue a versión en galego -traducida por Vicente Risco- da Familia de Pascual Duarte. O proxecto celiano de ver traducida unha das súas magnas obras á lingua do paÃs. O proxecto levou máis de dez anos, a xulgar pola correspondencia. Otero Pedrayo contestou o convite de Cela en 1952 e o libro non se editarÃa ata dez anos despois por Galaxia. As cartas de Otero están inzadas de referencias á vida en Trasalba, Ourense e Compostela.
As conexións galegas de Cela tocan tamén a Transición e o proceso de construción autonómico, a través da súa relación afectuosa con Isaac DÃaz Pardo. Cela solicita a DÃaz Pardo adobÃos de Sargadelos para a súa casa, participan dalgún proxecto de produción de materiais e DÃaz Pardo remÃtelle ao padronés unha acción do Instituto Galego de Información, que pretendÃa ser o punto de partida do xornal Galicia, no que DÃaz Pardo agardaba que Camilo José Cela colaborara. Vinculados aos feitos do tardofranquismo e a Transición hai tamén unha emotiva carta remitida por Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, con membrete de A Trabe de Ouro, felicitando a Cela no Nadal de 1995 pola concesión do premio Cervantes, "porque es o mellor na lingua do Imperio". Na carta FerrÃn conta unha anécdota que vincula os dous escritores para sempre: "gostarÃame hoxe (noite de Nadal) decirche que eu che estou e che estarei agradecido até a morte e que instruÃn os meus fillos para estárenche sempre obrigados. En 1972, cando a policÃa estaba sobre min como unha xaurÃa, ti fixéchesme chegar á clandestinidade unha carta de recomendación (con destinatario en branco) para eu usar nunha hipotética busca de traballo en Universidades estranxeiras. Non tiven (felizmente) que facer uso dela e destruina".
O epistolario completo da Fundación Cela abrangue máis de 95.000 cartas de case trece mil correspondentes. Un dos seus aspectos máis destacados é que contén non só as misivas recibidas, senón tamén as respostas do autor, permitindo reconstruÃr os diálogos de maneira Ãntegra. A colección abrangue desde 1942, ano da publicación da súa primeira novela, ata xaneiro de 2002, data do seu pasamento.