Sheila Patrícia presenta 'Epifanía'

O terceiro traballo da artista supón un punto de transformación cunha perspectiva esencialista

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Sheila Patrícia presenta 'Epifanía'

Sheila Patricia ven de presentar estes días en concerto o que é o seu novo traballo discográfico de longa duración, o terceiro, 'Epifanía' (Xeitosa Producións). Para a artista trátase dunha volta ao esencial, que coloca de novo no centro o acústico: a guitarra, a voz e esa maneira tan súa de contar a nivel interpretativo, algo máis afastada das bases electrónicas que no seu anterior disco 'Orixe' (2022).

Cun sentido de transformación e renacemento a artista fai deste traballo un punto de inflexión persoal reflectido a través dos dezaseis temas que conforman o álbum. A súa voz, potente e coidada, bebe do imaxinario colectivo da tradición oral e da forza das mulleres que a precederon. O disco xa está dispoñible nas plataformas dixitais e o pasada sábado en Santiago de Compostela deu comezo a súa presentación en concerto. No escenario constrúe presenza, corpo e carácter, facendo do empoderamento feminino algo real e palpable, non un adorno. Nesta nova etapa, Sheila móvese entre capas: o máis íntimo e orgánico convive coa exploración sonora, coa improvisación e mantén un certo xogo coa electrónica. As historias de Sheila Patricia son historias de mulleres, da súa avoa e das avoas que configuran a vida e da fortaleza feminina que é o seu legado. Actualmente investiga na mestura con sons máis actuais e electrónicos, pero conservando a esencia to acústico, cun traballo tributo á cultura galega.

Que che parece esta nova?
297 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sheila Patrícia, Tradición oral, Medios de comunicación, Santiago de Compostela