Pálida remata o 2016 co seu terceiro disco de longa duración

'The Clutch' reúne a esencia das propostas electrónicas do proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pálida remata o 2016 co seu terceiro disco de longa duración

The Clutch é o traballo máis recente de Pálida, nome tras do que está o músico vigués José Garnelo 'Nelo', e co que fai a súa aposta electrónica. Este é xa o seu terceiro traballo de longa duración despois de From the bottom of a lake (2015). O prolífico músico vigués fai unha proposta de música electrónica en directo, ecléctico e indefinible, que toma elementos dende o electro-pop, o trance ou o shoegaze ata o Detroit techno para conxugar unha experiencia única co baile e a emoción por bandeira seguindo liñas mestras dos Fuck Buttons e The Chemical Brothers como referentes. Cunha discografía inzada de discos entre Maxis, sinxelos e LPs, Pálida non deixa en ningún momento de manter a súa actividade tamén en numerosos concertos desde o 2013 ata agora, Chegando a este momento con este disco de sete temas a cada cal máis mesmerizante que o anterior. O disco está autoproducido e pode mercarse no seu perfil de Bandcamp.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop

Claves

Conceptos