O Consello de Goberno do Museo do Pobo Galego ven de anunciar o cese no cargo do que foi o seu director durante o último ano, Xosé Lois Ladra. A decisión, tomada de común acordo segundo declaración de Ladra a NÓS Diario, foille comunicada hoxe aos membros do Padroado da entidade privada por medio dun correo electrónico. O antropólogo e arqueólogo Xosé Lois Ladra (A Coruña, 1972) accedeu ao posto en outubro do pasado ano tras presentarse e superar a convocatoria dun concurso de méritos co fin de suceder ao antropólogo Manuel Vilar, que deixou o posto por xubilación.
Na presentación das súas liñas de traballo durante a súa toma de posesión do cargo, Ladra sinalou a necesidade, segundo el, de descentralizar a actividade da institución, completar a recuperación do conxunto de San Domingos de Bonaval que acolle as instalacións do centro e conseguir unha ampliación significativa dos recursos económicos e humanos con que conta o Museo. Segundo as súas declaracións a NÓS Diario, a imposibilidade de levar a cabo estes obxectivos está detrás da decisión de deixar o posto.
Actualmente o Consello de Goberno desta institución que ten natureza de asociación cultural, está presidido por Concha Losada, sendo MarÃa Xosé Fernández Cerviño vicepresidente primeira. As outras vicepresidencias segunda e terceira están ocupadas polos titulares da ConsellerÃa de Cultura da Xunta de Galicia e da AlcaldÃa de Santiago, respectivamente. Os vindeiros dÃas 14 e 15 de novembro, o Museo do Pobo Galego acollerá o '𝐂𝐨𝐥𝐨𝐪𝐮𝐢𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐮𝐬𝐞𝐨𝐬 𝐋𝐨𝐜𝐚𝐢𝐬: 𝑶 𝒇𝒖𝒕𝒖𝒓𝒐 𝒅𝒐𝒔 𝒎𝒖𝒔𝒆𝒐𝒔 𝒆 𝒄𝒐𝒍𝒆𝒄𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔 𝒗𝒊𝒔𝒊𝒕𝒂𝒃𝒍𝒆𝒔 𝒆𝒏 𝒄𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔 𝒆𝒏 𝒄𝒂𝒎𝒃𝒊𝒐 𝒄𝒐𝒏𝒔𝒕𝒂𝒏𝒕𝒆'.