Manuel Vilar é elixido novo director do Museo do Pobo Galego

O antropólogo xa desempeñara tarefas no goberno da entidade

27/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces
O Padroado do Museo do Pobo Galego escolleu este sábado pasado, 25 de maio, o novo director da entidade: será o antropólogo Manuel Vilar, licenciado en Xeografía e Historia e mestrado en xestión cultural. Vilar ten longa experiencia na investigación antropolóxica e histórica e foi membro do equipo directivo do Museo do Pobo Galego, como secretario. Xusto G. Beramendi, presidente do padroado, precisamente resaltou o seu coñecemento da institución como un mérito importante de cara a súa elección. Vilar asumirá as funcións directivas nos vindeiros días.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas