O Museo do Pobo Galego busca nova dirección. O Consello de Goberno do Padroado do Museo do Pobo Galego, na súa reunión de 22 de febreiro de 2024, acordou convocar concurso de méritos para a selección dunha candidatura á dirección do Museo do Pobo Galego. Este procedemento repite o efectuado no ano 2019 cando a entidade puxo en marcha unha convocatoria similar para a remuda no posto após o falecemento de Carlos GarcÃa MartÃnez, nese momento seleccionouse ao actual director, o antropólogo Manuel Vilar, licenciado en XeografÃa e Historia e mestrado en xestión cultural. Agora Vilar deixa ese posto e a entidade abre un novo proceso cuxas bases xa poden consultarse. Poderán presentarse ao posto persoas tituladas na área de artes e humanidades ou de ciencias sociais e xurÃdicas, e valorarase a experiencia na xestión de museos ou entidades afÃns, na coordinación de proxectos e dirección de equipos e en investigación antropolóxica, asà como a colaboración previa co Museo do Pobo. O contrato será laboral indefinido a tempo completo, cun perÃodo de proba de seis meses, durante os cales o Consello de Goberno poderá rescindilo discrecionalmente. O salario será de 34.000,00 euros brutos anuais repartidos en catorce pagas. O prazo de recepción remata o 21 de marzo de 2024 ás 18:00 horas. O Museo do Pobo Galego é unha asociación sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública.