O Museo do Pobo convoca un concurso de méritos para seleccionar a súa dirección

Procura persoas tituladas na área de humanidades que deberán presentar un proxecto para o centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Case un ano despois do falecemento de Carlos García Martínez, o seu último director, o Museo do Pobo Galego acaba de convocar un concurso de méritos para ocupar esta praza. O Consello de Goberno do Padroado da entidade facía pública esta semana a convocatoria para a dirección do centro, un posto ao que se poden presentar persoas tituladas na área de humanidade e para a que se valora a experiencia en investigación etnográfica, na xestión de museos e a colaboración previa co Museo do Pobo. As solicitudes deberán ir acompañadas dun proxecto para a dirección desta entidade. O centro oferta un contrato indefinido cun salario bruto de e 30.800 euros ao ano. O centro súmase así a outras entidades, como o Museo de Pontevedra ou o MARCO de Vigo que teñen abertos tamén procesos abertos para seleccionar as súas direccións.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museo do Pobo Galego, Museo de Pontevedra, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)