O Auditorio de Galicia busca director

O Concello de Santiago prima a experiencia na convocatoria para cubrir o posto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A concelleira de Acción Cultural de Santiago, Branca Novoneyra, presentaba o pasado luns a convocatoria para cubrir a praza de director-xerente do Auditorio de Galicia. Por vez primeira óptase por un proceso de selección aberta para ocupar este posto. As bases que presenta o Concello priman entre os méritos a experiencia, dun mínimo de cinco anos, en postos de dirección similares, así como ser titulados superiores dominar idiomas, ter dispoñibilidade horaria ou a experiencia "en liderado e dirección de equipos, en márketing e comunicación, ou na captación de patrocinios e na xestión de fondos europeos". Canda a isto terá especial peso no proceso de selección a proposta dun programa quinquenal para o centro que deberán presentar os aspirantes.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Concello de Santiago