Xaquín López dirixirá o Auditorio de Galicia

O Concello de Santiago comunicou onte o resultado do proceso de selección para o posto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Concello de Santiago anunciaba onte o resultado do proceso de selección para elixir un novo director-xerente para o Auditorio de Galicia. Xaquín López González foi finalmente o profesional escolleito para levar as rendas desta institución. Este licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago "ten unha longa experiencia relacionada coa dirección e xestión de proxectos culturais. Na actualidade é produtor executivo dos espazos culturais de Ferrol, en concreto do Teatro Jofre, o Auditorio e o Centro Torrente Ballester", segundo explica o web do concello. Un comité de avaliación presidido polo alcalde, Martiño Noriega e integrado pola xerente do Consorcio, a vicerreitora de Cultura da USC, un representante do Consello da Cultura Galega, e expertos en artes escénicas e visuais foi o responsable da selección. Esta é a primeira ocasión no que o posto se cubriu mediante unha convocatoria aberta.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Concello de Santiago, Artes Escénicas, Teatro...