Paulo Rodríguez é o novo director do Teatro Rosalía de Castro na Coruña

Ata o momento era o responsable do Auditorio de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Desde que no ano 2003 Jabier Sabadie deixou de ser o director do Teatro Rosalía de Castro por motivos persoais, o posto quedara vacante. O seu substituto, convocatoria pública de por medio, será Paulo Rodríguez. Actualmente ocupa o posto de director-xerente do Auditorio de Galicia, no que desenvolveu un modelo de xestión moi acorde coa liña da concellaría de Cultura de Santiago, baseado na integración da cidadanía nas súas actividades. Rodríguez tomará posesión do seu novo cargo o vindeiro 2 de maio.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Teatro, Teatro Rosalía de Castro, Auditorio de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares