Sabela Mendoza é a nova directora da MIT

A santiaguesa resultou seleccionada no proceso aberto para substituír a Roberto Pascual

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Sabela Mendoza  Foto: Rubén Vilanova

Sabela Mendoza Foto: Rubén Vilanova

Sabela Mendoza Fernández (Santiago de Compostela, 1984) xa é a nova directora artística da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Mendoza substiurá no posto a Roberto Pascual que renunciou ao posto o pasado ano tras 15 anos como director. A santiaguesa resultou seleccionada no proceso de licitación aberto polo Concello de Ribadavia para cubrir o posto, obtendo ela a meirande puntuación entre todos os aspirantes. Mendoza ten unha traxectoria en xestión cultural e das artes escénicas. No seu currículo inclúe a licenciatura en Dereito, un mestrado en Xestión Cultural e outro en Práctica Escénica e Cultura Visual. Dentro da súa experiencia profesional pasou pola Fundación Residencia de Estudiantes, coordinando proxectos, e dirixiu o Festival Internacional Ilustratour en Matadero Madrid. Foi membro fundadora da plataforma galega para as artes performativas contemporáneas "De corpos presentes" e formou parte de outros proxectos como "Cara a unha escena plural", entre outras moitas actividades profesionales relacionadas coas artes escénicas.

Foto: Rubén Vilanova

Ela será a encargada de definir a liña artística do festival, comezando pola vindeira 41 edición, e nese sentido durante a asúa presentación, recollida polos xornais La Voz de Galicia e La Región, salientou que a súa proposta "pretende continuar e expandir os valores da MIT e seguir afondando nas liñas programáticas habituais, ao tempo que sumar novas propostas e iniciativas, en especial de apoio á creación galega e de intercambio de actividades de participación cidadá". Mendoza destaca o concepto de "Escenas en tránsito" que van "dunha linguaxe a outra, dun corpo a outro, dun territorio a outro" para consolidar a posición da MIT como espazo de referencia para a experimentación escénica.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito