A MIT de Ribadavia outorga o premio de honra a Roberto Pascual

Foi o director durante as anteriores dezaseis edicións

Foi o director durante as anteriores dezaseis edicións
Roberto Pascual recibe o aplauso do público na súa despedida na edición 2024. Foto: MIT
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) outorgou o seu premio de honra desta edición a Roberto Pascual, quen foi director do propio evento durante as pasadas dezaseis edicións entre 2009 e 2024. O concello de Ribadavia valorou que "soubo facer da Mostra un evento de referencia tanto para a profesión e a cultura galega como para a escena internacional ata situarse entre os máis prestixiosos festivais de teatro". A MIT valorou que mentres o festival se posicionaba "á vez mantivo o carácter comunitario, identitario e arraigado no espírito transformador". A entrega do premio farase o venres 18 de xullo, durante o acto de inauguración da 41º edición da MIT. Desta volta, co lema "Escenas en tránsito" e a nova edición de Sabela Mendoza e Gena Baamonde, incluirá 23 espectáculos, incluídas sete estreas en Galicia.