O pasado sábado, antes do inicio de Iribarne, o espectáculo de clausura da 40º edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), as 850 persoas que ateigaban o auditorio do castelo de Ribadavia escoitaron, desde un escenario aÃnda sen as luces de escena, a voz de Roberto Pascual, o director do evento durante as últimas dezaseis edicións. Pascual anunciou a marcha da Mostra Internacional de Teatro para emprender novos camiños profesionais. Nun comunicado posterior, Pascual engadiu que "non convén eternizarse nun mesmo posto de responsabilidade pública. Marchar nun momento tan bo, con premios e apoios, tamén é xenerosidade co proxecto e darlle normalidade ás transicións, que na maiorÃa dos casos se dan por motivos non positivos". Pascual engadiu que no mes de setembro Pascual fará, no pleno do concello de Ribadavia, un balance demorado das edicións nas que el tivo a responsabilidade de dirección escénica. Será nese momento cando se detallen as "bases e procedementos para a escolla da nova dirección, na cal participará o director saÃnte". Pascual manifestou que "desexa emprender ovos proxectos persoais e profesionais" e que a MIT ten un "equipo organizativo moi implicado e coñecer do contexto".