Este fin de semana rematou a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia. O seu director, Roberto Pascual, fai unha "valoración positiva" da afluencia de público: 10.000 visitantes en sala e aproximadamente uns 5.000 nos numerosos espectáculos de rúa durante estes dÃas de festival. "En nove dÃas", asegura o director, "tivemos máis xente que o Salón Teatro nun ano". Segundo Pascual, a afluencia de público de fóra de Galicia foi superior e entre os públicos, destacou "o profesional, de programadores e directores de teatro, que viñeron se cadra pola especificdade do programa deste ano". Das obras da Mostra neste ano, Pascual valorou "a importancia do traballo interpretativo" como elemento central, unha "depuración escenográfica importante".
Para a vindeira edición da MIT, Pascual xa está preparando novos proxectos: "imos tentar realizar un congreso de Directores de Teatro europeos que presentaremos á Comisión de Cultura e Educación da Unión Europea. Queremos traer aquà aos directores de Almagro, de Aviñón...". E tamén se está a argallar unha nova actividade de rúa, combinando turismo, gastronomÃa e teatro.