Rematou a XXV Mostra Internacional de Ribadavia cun gran éxito de público, segundo confirmou o seu director, Roberto Pascual. 20.000 persoas acudiron aos espazos escénicos habilitados na vila do Ribeiro durante os dÃas que durou a mostra. E ese público premiou Ariadna, de Atalaya Teatro, unha nova revisión do mito clásico. Atalaya completa con esta obra a chamada TriloxÃa das HeroÃnas Tráxicas, tras os espectáculos Elektra e Medea (a estranxeira). Ariadna xa foi Premio Nacional de Teatro 2008.
Por outra banda, o xurado do 4º premio Abrente de Textos Teatrais, presidido polo alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge e integrado por Rubén Ruibal (dramaturgo), Comba Campoy (actriz), Carlos Losada (dramaturgo), Anxo Collarte (concelleiro de cultura de Ribadavia) e Roberto Pascual decidiron por unanimidade declarar deserta a convocatoria de 2009 "ao considerar que ningunha das catorce obras presentadas reúne a calidade suficiente para a concesión dun premio que pretende servir de aliciente á creación dramática, consonte ao espÃrito de innovación e fomento de novas voces para a escena en lingua galega, como foron aqueles Concursos de Textos Teatrais Abrente (1973-1981)".