Vanesa Martínez gaña o Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes

Distínguese no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

22/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

Un xurado composto pola profesora Dolores Vilavedra, o actor Jouse García, o crítico teatral Manuel Xestoso e o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), concedeu por unanimidade o 6º Premio Abrente de Textos Teatrais a Campo de Covardes, de Vanesa Martínez. O xurado destacou "a eficacia dramática, a calidade do texto e a capacidade tan grande e xenerosa que a peza lle concede ao posterior traballo actoral".

A peza será editada na colección Abrente de textos teatrais da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas e a autora recibirá unha estatuíña do artista Manuel Rodríguez Alonso (Sampedro) xunto a unha dotación económica de 3.000 euros.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abrente, Teatro, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Ribadavia...