"Unha historia na que se exponen algunhas das situacións conflitivas da sociedade do presente, como o aillamento ou a distinta perspectiva xeracional". Asà define o xurado Street Art Symphony, o texto co que Fernando Espelde acaba de se facer co IX Premio Abrente de Textos Teatrais. O galardón que se entrega no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra. O xurado, composto pola directora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Cristina DomÃnguez, o actor Toni Salgado, o escritor e crÃtico Camilo Franco e o director da MIT, Roberto Pascual, destacou tamén a innovación presente na escrita da obra e as posibilidade que abre ás artes escénicas do paÃs.