A obra teatral PoesÃa (materiais para montar unha escena de cama) de Roi Vidal Ponte (Santiago de Compostela, 1982) foi seleccionada como gañadora do Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. A decisión do xurado reunido o pasado 21 de xullo foi unánime á hora de decidirse pola obra do dramaturgo compostelán, fillo do tamén dramaturgo, director e actor Roberto Vidal Bolaño, que recibiu ese mesmo premio dúas veces en 1976 e 1978. O xurado indica que PoesÃa se trata dunha orixinal peza que propón un xogo escénico de materiais para montar unha escena de cama a través da ironÃa no tratamento da linguaxe e das situacións. Segundo a acta do premio, na valoración da obra "é un texto valente, actual, que aborda a sexualidade de forma aberta e sincera, onde os corpos teñen voz e rompen cos estereotipos e roles sexuais asumidos socialmente." O xurado desta 12ª edición do premio da Mostra Internacional de Teatro destaca, igualmente, o coidado e dedicación á escrita evidenciada neste texto, tanto no coidado da linguaxe coma no traballo documental que nutre á obra dun cúmulo de referencias moi atinadas. Roi Vidal Ponte é Licenciado en FiloloxÃa Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). Forma parte da empresa editorial Estaleiro Editora e do grupo musical Ataque Escampe, tamén do Consello de Redacción da Erregueté (Revista Galega de Teatro).