José Luís Baños de Cos gaña o Premio Abrente de Textos Teatrais de Ribadavia

Con 'Asfixia' o dramaturgo acadou a unanimidade do xurado da 14ª edición do premio

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroPolíticas CulturaisLiteratura
Compartir:
Roberto Pascual comunicando a resolución do xurado

Roberto Pascual comunicando a resolución do xurado

O Xurado do 14º Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT Ribadavia, decidiu por unanimidade conceder o premio ao texto titulado Asfixia e presentado baixo o lema Sobre humanos e porcos do autor José Luis Baños de Cos. O xurado, presidido polo Director do festival, Roberto Pascual e composto pola dramaturga e actriz Avelina Pérez, polo actor Roberto Leal e polo director Álex Sampayo, argumenta sobre a obra vencedora que se trata dunha peza “áxil, irónica, con humor ácido, que funciona como metáfora da presión vital.”. O xurado destaca que o texto propón un interesante xogo teatral onde o aparentemente trivial e absurdo se vai transformando e crecendo eficazmente ata levar á persoa lectora a un tránsito por diferentes sensacións que tocan as convencións e o letargo rutineiro. Agradece o xurado, igualmente, a ausencia dunha única mensaxe ideolóxica. Amósase así unha peza que non é panfletaria e que permite a viaxe mental propia da persoa lectora sen que a voz autorial se poña nun nivel superior, coma se fose unha guía nunha única dirección. Baños de Cos non é novo na escrita dramatúrxica na que xa ten gañado outros galardóns con anterioridade. O premio está dotado con 3.500 euros e a edición da obra.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abrente, Ribadavia, MIT, José Luís Baños de Cos...