O nome de José Luis Baños de Cos (Jerez de la Frontera, 1977) leva uns anos asociado aos palmarés de certames de textos teatrais. Neste caso o autor afincado en Galicia recunca no Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, que xa acadou fai dous anos, en 2020. Nesta V edición do certame convocado polo o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia o xurado ven de ditaminar por unanimidade a súa elección da obra "Lume' , que unha vez aberta a plica resultou ser autorÃa de Baños de Cos. Este certame, que nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario, ten un premio único de 2.000 euros.
O Xurado desta edición estivo formado polo dramaturgo Ernesto Is, a actriz Cecilia Vázquez MartÃnez, Delio GarcÃa Represas, profesor do IES Ribeira do Louro, e Raquel Castro, como secretaria. Na súa resolución o xurado expresa que 'Lume' é unha obra moi acaÃda pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario. Destacan tamén da peza "que sexa unha obra que aborda o tema das diversas violencias sociais, como a homofobia ou a violencia de xénero, das que todos os personaxes sofren as consecuencias". A escrita, ditamina o xurado, conta cunha dramaturxia que mestura relato e drama, dálle relevancia ás partes grupais, onde a xeito de coro clásico agroma a conciencia social.