A XIX edición do Premio Abrente de Textos Teatrais foi para o escritor e xornalista Alberto Ramos, que se impuxo neste galardón coa obra Os servizos prestados. O certame que convoca o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro conta cunha dotación de 4.000 euros a publicación da obra gañadora.
Segundo informou a organización este 30 de xullo, o xurado seleccionou por unanimidade o texto de Ramos, unha obra que trata a perda de vencellos de amizade por motivos laborais e que supón unha proposta "profundamente reflexiva e de recepción activa" que conta con recursos compositivos e a complexidade dos personaxes como principais valores.
Canda a isto salienta o seu "interese social, con posibilidade de xerar debate arredor da explotación e da autoexplotación laboral e o risco que conleva de perda de dereitos da clase traballadora conquistados historicamente".
Nerea Brey, gañadora do Premio Abrente de 2023, o actor Rubén Porto, o responsable da Sala Ártika Marcos Alonso, e o director artístico da MIT, Roberto Pascual, conformaron o xurado desta xeira. Ramos xa obtivera anteriormente galardóns como o Rafael Dieste, o Repsol de Narrativa Breve, o Vicente Risco ou o García Barros.
En paralelo, o Premio do Público da MIT foi para Iribarne de ButacaZero. Os espectadores seleccionaron como mellor obra desta edición a ollada á figura do que foi presidente da Xunta que parte dun texto de Esther F. Carrodeguas.