Nerea Brey faise co premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia

O premio do público foi para "As que limpan" de A Panadaría

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Nerea Brey. Foto: MIT

Nerea Brey. Foto: MIT

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia comunicou a gañadora do 18º premio Abrente de Textos Teatrais da MIT 2023. Trátase de Nerea Brey (Lalín, 1987), actriz e xornalista, coa súa obra "Manual de patronaxe", unha obra "con apariencia e ferramentas da autoficción na que mestura temas universais como a perda e a busca da identidade, o amor e os xogos ou tarefas da cosutra, nun suxerente diálogo interxeracional". A MIT tamén comunicou que o premio do público é para "As que limpan", produción escénica de A Panadaría, e que a recadación de ingresos por entradas é dun incremento dun 34% con respecto á edición anterior. Para o MIT, este ano batiuse "record histórico de asistencia do público".

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con MIT, Abrente, Ribadavia, A Panadaría...

Claves

Conceptos
Lugares