Teatro do Noroeste estrea en Narón Manual de patronaxe

A nova montaxe pode verse os días 5 e 6 no Pazo da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculosEstreas
Compartir:
Teatro do Noroeste estrea en Narón Manual de patronaxe

Un texto de Nerea Brey, dirixido por Clara Gayo, é a base da nova montaxe de Teatro do Noroeste. O Pazo da Cultura de Narón acolle este 5 de decembro a estrea de Manual de patronaxe, que permanecerá en cartel ata o día 6. A proposta, que obtivo o Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia en 2023, preséntase como " unha oda ás coidadoras: ás nosas avoas" e conta con Iolanda Muíños, Susana Sampedro e Raquel Espada, sobre as táboas.

A compañía apunta que a peza "é unha reivindicación, en clave feminista, de todos eses momentos que, pasando desapercibidos, son, non obstante, as puntadas que conforman o bordado da nosa vida". Na mesma, unha escritora "busca descubrir a súa identidade como muller e como creadora nunha crise creativa. A través dos recordos do pasado de cando era 'nena', descobre que a súa 'avoa', que era modista, foi para ela un verdadeiro modelo feminista". A montaxe preséntase como unha obra de autoficción que abre unha nova liña creativa para a compañía, que a presenta como o "inicio do cambio xeracional" no seu seo, a combinar as montaxes convencionais con novas propostas deste tipo. Esta é a segunda colaboración da compañía con Clara Gayo, que xa dirixira para a compañía As damas de Ferrol.

Que che parece esta nova?
136 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro do Noroeste, Clara Gayo, MIT...