Teatro do Noroeste estrea Palabras malditas

Eduardo Alonso escribiu e dirixe a nova montaxe da compañía

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Teatro do Noroeste estrea Palabras malditas

O encontro na Coruña da posguerra entre un profesor represaliado e unha prostituta é o punto de partida de Palabras malditas. Teatro do Noroeste estrea o venres 15 a súa nova montaxe, escrita e dirixida por Eduardo Alonso. Miquel Ínsua, Sara Casasnovas e Luma Gómez protagonizan esta historia de busca da felicidade que foi galardoada cun accésit no premio Lope de Vega en 2014. Logo da estrea, a obra poderá verse tamén o día 16 no Teatro Rosalía de Castro e continúa xira polo pazo da Cultura de Narón (día 23) ou o Teatro Principal de Compostela (do 25 ao 28 de febreiro) entre as citas máis inmediatas. A montaxe conta con escenografía e vestiario de Paco Conesa, música de Fernando Alonso e produción de Eva Alonso.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Son…llusionistas

Son…llusionistas

Teatro do Noroeste simplifica a súa estrutura nunha montaxe sobre a crise

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro do Noroeste, Eduardo Alonso, Rosalía de Castro...