
“É un espectáculo sobre a crise porque é a realidade que está acontecendo e non podemos escapar dela” asegura o autor e director do texto. Non era a primeira vez que Teatro do Noroeste se inspira na realidade para reinterpretala desde un punto de vista artÃstico. “En O último cowboy, falamos sobre a idea da crise de Europa, pero nesta volta afondamos no problema social da crise” explica. Dous actores, un dúo en decadencia asifixiado pola crise económica na que, segundo Eduardo Alonso, “atopan unha vÃa de escape a unha situación que non ten moita saÃda”.
A última liña de traballo de Teatro do Noroeste alónxase da súa traxectoria recente, de espectáculos de gran formato de corte musical con seis e oito actores no escenario. “Tendo en conta a parálise nas contratacións, non podemos asumir riscos de tal xeito que se a produción non consigue suficientes funcións, os únicos soldos que se arriscan son os dos integrantes da compañÃa” asumÃa Eduardo Alonso. A compañÃa, que se desfixo do local e do seu vestiario en 2012, estivo dúas semanas ensaiando no propio escenario no que esta noite estrean a súa nova proposta.
Ela, el e a crise

Detalle do espectáculo. Fonte: Teatro do Noroeste

Detalle do espectáculo. Fonte: Teatro do Noroeste

Detalle do espectáculo. Fonte: Teatro do Noroeste

Detalle do espectáculo. Fonte: Teatro do Noroeste
