O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá este vindeiro venres, 17 de xaneiro, a estrea de 'Guerra' a nova montaxe da compañÃa Teatro do Noroeste. Con dramaturxia e dirección de Eduardo Alonso este espectáculo colócanos no medio dunha situación actual que sobrevoa as nosas inquietudes neste momento, e para iso faino nutrÃndose dos clásicos. Nun edificio teatral totalmente destruÃdo por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución. Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez dan vida sobre as táboas a este elenco de personaxes teatrais de diferentes orixes e que teñen en común o conflito bélico. A obra seguirá en carte o dÃa 18 en Santiago, para despois comezar a súa xira por Ribadeo, o teatro RosalÃa da Coruña e o Pazo da Cultura de Narón, inicialmente.