'Elisa e Marcela' da compañía A Panadaría leva o Premio do Público da MIT

A 34ª edición da mostra acada a súa marca de asistencia de espectadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Cartel de Elisa e Marcela

Cartel de Elisa e Marcela

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas segundo a organización. Como broche final a MIT ven de facer público que o Premio do público asistente recaeu na compañía A Panadaría, co espectáculo Elisa e marcela, que tamén foi o gran triunfador este ano na noite dos Premios María Casares do teatro galego. A obra de A Panadaría acadou este recoñecemento na MIT superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. Segundo remarcan desde a dirección da Mostra esta edición destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos ámbitos, do económico ao social pero remarcan a urxencia coa que a MIT precisa mellorar o seu financiamento para aproveitar as oportunidades de dar un salto aínda máis significativo desta capital teatral periférica. Usuarios e artistas, -din desde a dirección da mostra- persoal técnico e visitantes esixen unha mellora das condicións económicas.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con MIT, A Panadaría, Elisa e Marcela, Teatro...