A celebración da gala de entrega dos XXVII Premios de Teatro María Casares, no Teatro Rosalía de Castro de Coruña, deixou tras de si varios momentos emocionantes do sector escénico e cultural e algunha coincidencia a sinalar. De entre o total de 15 espectáculos que aspiraban a facer con algún dos 16 galardóns nos que se dividen os premios, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) nove deles saíron de alí con algún deles. No caso da compañía A Panadaría Teatro, que coa montaxe "As que limpan" era finalista en ata nove categorías, recreouse na entrega unha sorte de déjà vu respecto á edición de 2018, cando se presentaban con "Elisa e Marcela", xa que volveron ser as triunfadoras da noite levando ademais os premios nas mesmas catro categorías que no 2018: espectáculo, dirección, actriz protagonista e texto orixinal. A montaxe "O porco de pé", de Producións Teatráis Excéntricas levou tres dos premios desta edición na que tamén se deron por vez primeira recoñecementos en dúas novas categorías: espectáculos de monicreques, obxectos e figuras animadas; e dirección de movemento.
O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolleu unha vez máis a gala, á que asistiron unhas 500 persoas. Entre os convidados, atopábanse a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, (Agadic), Jacobo Sutil; a subdelegada da Goberno, María Rivas; o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto; os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular Miguel Lorenzo e Roberto Coira, os concelleiros do grupo municipal de Marea Atlántica María García e Iago Martínez, os concelleiros do grupo municipal do BNG Francisco Jorquera e Avia Vieira, ou o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez. Coma é habitual nestes premios do sector teatral procurouse que fose unha festa e así deseñouse un espectáculo cheo de bo humor, de ironía e de novo circo (categoría ausente nos premios) no que o protagonismo se centrou nos oficios invisibles da escena e nos xéneros escénicos que se sitúan ás marxes do teatro convencional. A dirección recaeu en Marcos Ptt que subiu ao escenario un elenco conformado por Natalia Outeiro, Arturo Cobas, Johanna Hesse, Álvaro Fitinho, Beatriz Rubio, Ezra Moreno e o propio Ptt, quen ademais de dirixir e actuar, asinou o guión xunto a Antón Coucheiro. O equipo artístico completouse con Carlos Alonso no deseño de vestiario e escenografía, NachoFaiaLar (trío formado por Nacho Muñoz, Faia Díaz e L.A.R. Legido) na música en directo e Dani Pais na iluminación.
Crítica aberta á TVG
A gala, que foi retransmitida en directo por YouTube a través da canle dos Premios María Casares, contou co discurso de Xosé Barato, presidente da AAAG, quen iniciou a súa intervención saudando a profesión escénica que se reunía no Teatro Rosalía Castro e tamén ao público que seguía a gala dende os seus fogares. Barato lamentou que a TVG levara cinco edicións sen retransmitir os Premios María Casares, o cal considerou como "unha anomalía e unha falta de respecto". Ademais, no seu discurso, trasladouse a "solidariedade" da AAAG "con todo aquel que se mobiliza baixo un lema claro: Por uns medios públicos de calidade, por uns medios públicos sen manipulacións".
O presidente da AAAG tamén aproveitou a ocasión para lembrar a María Casares, ao ano seguinte do seu centenario. "O teatro é político ou non o será. Dicíao María Casares. A profesión escénica, que por unha noite senta no patio de butacas para ser público, está hoxe aquí reunida para celebrar un oficio de forma pública. Tamén de forma política. E como falamos de política e do público, non nos queda máis remedio que falar dunha cuestión que nos é vital: a precariedade", sinalou Barato, antes de afondar na necesidade de seguir avanzando na defensa dos dereitos laborais dos actores e actrices.
"Algo común a todos os que nos dedicamos a este oficio segue sendo a citada precarización. Por iso un dos obxectivos desta asociación é a mellora dos convenios que nos rexen. Nos últimos tempos, demos certos pasos para loitar contra esta precarización coas medidas que se foron aprobando no chamado Estatuto do Artista. Pero aínda queda moito por avanzar. Cómprenos dar a pelexa hoxe para garantirnos o futuro", concluíu o presidente da AAAG. Durante a gala a xastra Cloti Vaello recolleu o Premio de Honra Marisa Soto pola súa traxectoria e Clara Gayo leu o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro, xa feito público previamente, pero que no marco da gala acadaba solemnidade na súa chamada a "manterse inaccesibles ao desalento".
Premios repartidos
No que foi o reparto final desta edición o espectáculo "As que limpan", de A Panadaría, conquistou catro galardóns importantes: espectáculo, actriz protagonista (Noelia Castro), dirección e texto orixinal (nestes dous apartados recoñécese de forma conxunta a Areta Bolado, a Ailén Kendelmán e a Noelia Castro). Esta montaxe, escrita, dirixida e interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman e coproducida co Centro Dramático Nacional, leva como subtítulo "A loita das camareiras de piso galegas", e nela a compañía aborda a situación destas traballadoras e as súas reivindicaciónsa montaxe. Segundo explica a presentación da obra, "As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes". A montaxe recibiu o pasado ano o premio a mellor espectáculo de sala na XXV Feria de Teatro de Castilla y León- Ciudad Rodrigo.
Cloti Vaello recolle o Premio de Honra. Foto: LaDiapo
Pola súa banda, "O porco de Pé", montaxe de Producións Teatráis Excéntricas que adaptou a novela satírica escrita polo ourensán Vicente Risco fai case cen anos, conquistou tres galardóns (adaptación-tradución para Quico Cadaval e Pepe Sendón, vestiario para Carlos Alonso e actor secundario para Evaristo Calvo), mentres que "Smoke on the water", de Ibuprofeno Teatro, se fixo con dous (espazo sonoro para Mon Orencio e actor protagonista para Josito Porto). Outros dous María Casares acadou "Ás oito da tarde, cando morren as nais" do Centro Dramático Galego: espazo escénico para Blanca Añón e o novo premio instaurado este ano de dirección de movemento para Rut Balbís, recibido ex aquo co espectáculo "O deus do pop", de Diego Anido, que saíu con dous galardóns dos catro aos que era finalista: Iluminación para Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda e o comentado ex aquo de dirección de movemento que recoñecía o traballo do propio Diego Anido e Guillermo Weickret. Na outra categoría de estrea nesta edición, o Premio María Casares de monicreques, obxectos e figuras animadas recoñeceu o traballo de Tïteres Cachirulo, unha compañía veterana neste xénero escénico, e premiou a súa obra "Xela contra o dragón Traga-Verbas". No apartado de espectáculo infantil, foi a compañía Caramuxo Teatro quen triunfou coa súa obra "A nena que vivía nunha caixa de misto"s. A relación de espectáculos premiados completouse con dúas obras que gañaron un galardón cada unha: Papagena, de ButacaZero (maquillaxe para Diego Valeiras) e "A peste", do Centro Dramático Galego (actriz secundaria para María Roja), grazas ao cal a compañía pública galega podía recoller o seu terceiro premio desta edición de entre os trece aos que era finalista.
Resumo de gañadores/as por categoría:
MAQUILLAXE: Diego Valeiras por Papagena, de ButacaZero
VESTIARIO: Carlos Alonso por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas
ILUMINACIÓN: Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda por O deus do pop, de Diego Anido
ESPAZO ESCÉNICO: Blanca Añón por Ás oito da tarde, cando morren as nais do CDG
ESPAZ SONORO: Mon Orencio por Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro.
ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Quico Cadaval e Pepe Sendón por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.
TEXTO ORIXINAL: Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría
ACTOR PROTAGONISTA: Josito Porto por Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro.
ACTRIZ PROTAGONISTA: Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría.
ACTRIZ SECUNDARIA: María Roja por A peste, do Centro Dramático Galego
ACTOR SECUNDARIO: Evaristo Calvo por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.
DIRECCIÓN: Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría
DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Premio ex aequo a Rut Balbís por As oito da tarde, cando morren as nais, do CDG, e a Diego Anido e Guillermo Weickret por O deus do pop.
ESPECTÁCULO: As que limpan, de A Panadaría.
ESPECTÁCULO INFANTIL: A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro
ESPECTÁCULO DE MONICREQUES, OBXECTOS E FIGURAS ANIMADAS: Xela e o Dragón Traga-Verbas, de Títeres Cachirulo.