Os Premios María Casares recollen máis inscricións ca nunca

Ata corenta e sete espectáculos e máis de 350 profesionais optan nas 16 categorías

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Gala do ano 2023. Foto: CORSINO

Gala do ano 2023. Foto: CORSINO

Segundo ven de comunicar a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) a 28ª edición dos Premios de Teatro María Casares rexistra a maior participación da súa historia ao inscribírense 47 espectáculos e máis de 350 profesionais. Esta marca nas inscricións acádase na segunda edición na que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que no 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas. Actualmente entréganse 16 galardóns competitivos.

Na última década, tan só se superou a cifra de corenta espectáculos participantes no 2017, ano no que concorreron 44 montaxes, e no 2015, que contou coa presentación de 43. A falta de coñecerse o listado de finalistas resultantes dos procesos de votación que comezan mañá mércores, sábese xa que a gala de entrega se celebrará o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca estes galardóns para os que preto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir o seus votos de forma telemática.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, María Casares, Premios María Casares, Teatro...