A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ven de abrir o prazo para a primeira rolda de votacións dos XXI Premios MarÃa Casares de teatro de Galicia. Un total de 44 espectáculos e máis de 400 profesionais concorren nas catorce categorÃas que se dividen os galardóns de teatro organizados pola AAAG. O proceso de inscrición finalizou o pasado 11 de xaneiro rexistrando o maior número de espectáculos concorrentes na historia dos galardóns, asà como unha das cifra máis altas de profesionais participantes, segundo apuntan desde a asociación. Tras da primeira fase de inscrición a primeira rolda de votacións queda aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas que terán ata o domingo 19 de febreiro para decidir os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorÃas, que se darán a coñecer a finais do mes de febreiro na tradicional Festa dos Nomeados dos MarÃa Casares. Ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, crÃticos e as persoas nomeadas en edicións anteriores. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) promove estes galardóns que, dende o ano 1997, buscan recoñecer o traballo realizado polos diferentes profesionais do sector na súa totalidade, dende os maquilladores até vestiaristas, pasando polos iluminadores, músicos, guionistas, adaptadores, tradutores, autores, escenógrafos, directores e o corpo interpretativo. Deste xeito, os MarÃa Casares convértense dende a súa creación no gran escaparate do teatro feito en Galicia e visibiliza o labor desenvolvido por todos os seus traballadores.