Un total de 32 espectáculos compiten polos XXII Premios de Teatro María Casares

Escena Galega presentou en Madrid o seu catálogo para este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

A rede acaba de se enriquecer con dous novos contidos que nos permiten facer unha panorámica da produción escénica actual. Por unha banda, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia abría onte a votación para escoller os profesionais e os espectáculos que poderán optar aos XXII Premios de Teatro María Casares. En total, inscribíronse para estes galardóns un total de trinta e dous espectáculos, trece menos que na pasada edición, e máis de 400 profesionais. Un total de 450 profesionais do sector das artes escénicas a incluír membros da AAAG, responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e personas nomeadas en edicións anteriores son os chamados a votar ata o 12 de febreiro. Desta selección sairán os finalistas que se darán a coñecer o vindeiro 21 de febreiro na Festa dos Nomeados/as.

Pola súa banda, Escena Galega presentaba onte XIV Feria de Artes Escénicas de Madrid e en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais o seu catálogo para esta temporada. O documento, que está dispoñible en liña, recolle información das 33 compañías que fan parte deste colectivo e dos máis de 100 espectáculos que as mesmas manteñen en cartel.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Teatro, Escena Galega, Madrid...