Trinta e catro espectáculos compiten nos premios María Casares

Ábrese o prazo de votación deste certame convocado pola Asociación de Actores e Actrices

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Son os premios do teatro galego, os que recoñecen os mellores espectáculos, actuacións e propostas escénicas realizadas no 2009. A edición numero 14 xa está en marcha coa apertura do prazo de votacións. En total, 34 espectáculos e 379 profesionais compiten nun certame que convoca anualmente a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A principios de marzo coñeceranse os finalistas a uns premios que se entregarán o 24 de marzo no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, María Casares, Premios María Casares, Rosalía de Castro...