A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ven de convocar os XXI Premios de Teatro MarÃa Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro mércores 21 de marzo no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña. Nas catorce categorÃas destes galardóns poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017. A Xunta Directiva da AAAG inclúe nesta edición modificacións nas bases dos premios co obxectivo de velar que todas as compañÃas participantes nos MarÃa Casares cumpran co I Convenio de Actores e Actrices de Teatro de Galicia, que rexe as relacións laborais entre intérpretes e as empresas en vigor dende 2009. Toda vez que son as compañÃas produtoras as responsables da inscrición das candidaturas a AAAG resérvase a potestade de solicitar da compañÃa documentos que acrediten o cumprimento dos convenios laborais vixentes para formalizar a súa inscrición nas candidaturas. Este novo requisito é coincidente coas reivindicacións e defensa do convenio que a AAAG sempre mantivo.