A Mostra Internacional de Teatro leva a Ribadavia 10.000 visitantes

A media de ocupación dos espectáculos foi do 90%

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A 32ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia rematou con preto de 10.000 asistentes aos diferentes espectáculos. Aqueles con entrada de pagamento tiveron aforos do 90%. O Premio do Público recaeu na compañía Pelmànec, de Cataluña, polo seu espectáculo Don Juan, seguido moi de preto por A Gaivota, de Oskaras Korsunovas Theatre, de Lituania. A organización do festival valorou que a MIT sexa "capaz de congregar a públicos diversos, de facer de Ribadavia a escola de moitos e a casa de todos", e criticou a "baixa repreentación institucional" no evento.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, MIT...