A representación de Hamlet da compañÃa peruana Teatro La Plaza ven de ser recoñecida co Premio do Público da 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Tras o peche da MIT o pasada 24 de xullo, a organización ven de facer pública a decisión do público extraÃda das súas votacións aos espectáculos. O público concedeulle a este Hamlet un 4,78 sobre 5. De preto e en segundo lugar o espectáculo Demente, cun 4,68 e en terceiro posto 'La Infamia' cun 4,42. A implicación do público tamén se comproba nas porcentaxes de votación ao finalizar a representación, que se viu notablemente incrementada con respecto a anteriores edicións.
Na análise final e valoración despois desta 38ª edición, desde a organización da MIT constatan a relevancia dos espazos SputMIT e Ruadavia como un lugar para o fomento das artes de rúa, e indican a intención de incrementar esa parte do programa de cara a futuras edicións. Ademais tamén sinalan a intención de ir recuperando os espectáculos nocturnos e itinerantes unha vez pasada a recuperación das restricións da pandemia polas rúas e prazas de Ribadavia. Outro aspecto no cal a organización seguirá traballando ten que ver coa confortabilidade do público no Auditorio Rubén GarcÃa do Castelo, unha vez instaladas as butacas co aforo completo, para que a experiencia se vexa acompañada pola calidade do programa e a beleza do entorno. Segundo as conclusións comunicadas tras o peche, esta foi unha edición de "reafirmación da calidade e da distinción, de convicción do sentido das oportunidades únicas nun ano Xacobeo de certa saturación e explosión de cadeas de actividades". Remárcase tamén desta xeira o éxito de aforo constatado polo incremento de abonos para todos os espectáculos no Castelo.
A valoración trasladada desde a MIT destaca, dentro das actividades paralelas desta edición, a relevancia e transcendencia social e profesional que segundo eles tivo o 1º Encontro Interxeracional de Profesionais das Artes Escénicas de Galicia, un espazo de convivencia, reflexión e propostas para unha mellor relación profesional nos procesos de creación entre as novas compañÃas e profesionais e as máis veteranas. Deste 1º encontro sairán unhas conclusións que serán trasladadas ás administracións competentes para impulsar actividades e prácticas que favorezan a inserción, mentorización, reciclaxe profesional do sector e optimización dos recursos para o ben común.