O público da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia destacou nos seus votos á montaxe 'Reconversión', da compañÃa Ibuprofeno Teatro como a súa favorita. O espectáculo recibe asà o Premio do Público desta 41 edición do evento, seguido nas preferencias populares pola obra Ovvio, de Kolektiv Lapso Cirk, e quedando no terceiro posto das votacións a montaxe 'Grandissima Illusione', de Cris Blanco.
En 'Reconversión', Santiago Cortegoso, como autor e director, fai un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na RÃa de Vigo. A obra ten moito de autobiográfico ao centrarse na peripecia vital do propio pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factorÃa en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80. 'Reconversión' preséntase coma un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.