Vintecinco espectáculos teatrais encherán as rúas de Ribadavia na nova edición da MIT

Celebrarase entre o 21 e o 28 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Representación de A puerta cerrada

Representación de A puerta cerrada

A 28ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) abrirase cunha representación de luxo: a produción "A puerta cerrada", coa que as compañías arxentina (Timbre 4) e francesa (Théatre du Soleil) escenificarán un importante texto de Jean Paul Sartre. Onte presentouse a programación desta nova edición da mostra, que ofrecerá 25 espectáculos para diferentes públicos entre o 21 e o 28 de xullo na vila de Ribadavia. "Son espectáculos difíciles de atopar na programación da carteleira galega", resalta a organización. Segundo Roberto Pascual, director da mostra, "unha obriga dun director é estar atento ás novidades, aos estilos e tendencias escénicas e ofrecer aos cidadáns cultura activa e dinámica".

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con MIT, Roberto Pascual, Teatro, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia...